LIBRO “DE AQUÍ PARA ALÁ” EDICIÓN 2025

Neste ano 2025, celebramos os 10 anos desta publicación cunha edición especial onde hai melloras nas ilustracións de Roy Dosil Chas, outras 8 cancións que na primeria edición non puideron entrar no antigo CD, partituras dixitalizadas de todas as cancións, a posibilidade de darlle cor a Bolboreta, a protagonista deste conto e códigos QR con ligazóns a:

21 cancións e partituras
1 audioconto
14 capítulos serie audiovisual educativa
20 videoclips con karaokes
8 actividades didácticas audiovisuais
1 guía didáctica

Nas 60 páxinas deste conto imos embarcar nunha viaxe moi especial arredor do mundo aprendendo, bailando e cantando as músicas de cada terra! Cantaremos o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía ós xéneros musicais dos lugares polos que iremos pasando como a bossa nova, o rap, o son cubano, o reggae ou o ska mentres Bolboreta vai conseguindo novas cores nas ás!

A historia que se relata neste conto representa dalgún xeito o valor da verdadeira amizade e parte da premisa de que a felicidade non está só na fin, senón na forma de facer o camiño, e coa música como compañeira de viaxe, nunca nos sentiremos sós ou soas, xa que a maxia da música e do amor é o que nos conecta e harmoniza con todo.

Prezo: 20€

Comprar producto

Rellena el formulario para comprar el artículo