LIBRO + DISCO INFANTIL “DE AQUÍ PARA ALÁ”

20,00

Un conto infantil onde viaxamos por todo o mundo a través da música.

O libro consta de 57 páxinas ilustradas a man por Roy Dosil, onde están todas as partituras con letras e melodías das cancións. Ao final do libro hai un sumario con todos os instrumentos que soan e as letras completas.

O disco está gravado íntegramente por Lydia que canta e toca máis de 30 instrumentos musicais diferentes e conta cun par de colaboracións estrelas nalgunhas cancións como seu pai Vitín na guitarra eléctrica, Xabier Díaz nas percusións, Javier Cedrón no violín, Carlos Santos no baixo, Guilhem Lacadée na trompeta e Pedro Lamas no saxofón soprano.

Hai unha pista de 25 minutos de audioconto onde Lydia conta esta bonita historia.Soan cancións variadas de estilo africano, jazz, rap, samba, reggae, ska, soncubano, clásica, oriental, tradicional balcánico e galego, pop e poesía.

Comprar producto

Rellena el formulario para comprar el artículo